Riazor e San Lázaro contan nas súas gradas cun grupo de usuarios de FEAFES Galicia que, grazas á xentileza dos dous clubs deportivos, poderán disfrutar dalgúns dos encontros que disputarán estes equipos na casa.
Así foi o pasado sábado 27 de setembro, cando 15 persoas pertencentes ao Club de Ocio de FEAFES Coruña e á asociación Apem viviron en directo a vitoria do R.C. Deportivo ante o Espanyol, un encontro sen dúbida moi emocionante para os branquiazuis que perpetúa a boa racha do equipo coruñés.
Pola súa banda, o mesmo día en Compostela, un grupo de 12 membros do Club de Ocio de FEAFES Santiago acudiu ao estadio santiagués para ver como o S.D. Compostela enfrontábase ao U.D. Somozas. O equipo da capital galega non tivo a mesma sorte que o herculino, pois quedouse cun resultado final de 0-1, non sen contar co apoio e os aplausos do público.
Dende FEAFES Galicia queremos agradecer aos dous clubs a súa colaboración coa entidade favorecendo que as persoas con enfermidade mental poidan gozar dun ocio inclusivo e normalizado.