Skip to main content
Novas

O grupo de teatro Moreashow do Barco estrea a súa obra Spaguetti con chourizo Western

By 4 de Outubro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

teatro_morea.jpg

O grupo de teatro Moreashow do Barco estrea estes días a súa nova obra “Spaguetti con chourizo Western”, unha historia de vaqueiros que pretende facer rir o público.

A obra poderase ver este venres 4 de outubro ás 20,30 no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Por outro lado, tamén actuarán o en Vigo o 9 de outubro ás 20,00 no auditorio municipal do concello, ao ser a obra gañadora do certame da Fundación igualarte.

Corre o ano 1984, nun lonxano e esquecido recuncho do deserto de Tabernas, en Almería, atópase “800 Balas City”, un decorado para películas do Oeste, construído nos anos 60 e abandonado a mediados dos 70 cando a febre do Spaguetti Western rematou… O que ninguén sospeitou xamáis é que, entre eses decorados, tamén quedaron algúns actores e actrices que non quixeron deixar de ser vaqueiros e vaqueiras.