Cada dous anos, a Confederación FEAFES coorganiza, con algunha federación anfitrioa, un congreso a nivel estatal co que pretende xerar un punto de encontro entre as persoas que compoñen o seu movemento asociativo e profesionais do ámbito da saúde mental.
Este ano, a Confederación FEAFES, xunto coa Federación FEAFES Galicia, celebra o XIX Congreso Estatal FEAFE baixo o título “Embarcados cara a unha vida plena”, que será un espazo onde expoñer e compartir experiencias en torno ao fomento da autonomía das persoas con trastorno mental.
O Congreso terá lugar os días 11 e 12 de xuño no Pazo de Exposicións e Congresos Palexco da Coruña (Galicia), situado no Muelle de Transatlánticos. O prazo de inscripción estará aberto a ta o 26 de maio e o custo do mesmo será de 20€.
O Congreso arrincará o día 11 cun relatorio marco. A segunda xornada estará dividida en tres bloques que levarán por título “Emprego: Un camiño cara á autonomía”, “Vivenda: Un lugar para a autonomía” e “Saúde Mental: Un tobogán cara á exclusión social?”.
Ademais, celebrarase un encontro do movemento asociativo da saúde mental, durante o cal se intercambiarán experiencias e pareceres en torno ao acontecido, visto e oído durante o Congreso.
PAEA CONSULTAR O PROGRAMA DO CONGRESO, PINCHA AQUÍ.
PARA INSCRIBIRTE NO CONGRESO, PINCHA AQUÍ.