A través da axuda concedida pola Fundación “la Caixa” para o proxecto “Emprego con apoio para persoas con enfermidade mental”, FEAFES Galicia puido traballar ó longo do último ano con 30 usuarios de A Coruña e Santiago que se atopaban en busca activa de emprego.
O programa púxose en marcha no mes de decembro do pasado año e finalizou o 30 de novembro deste año, logrando un total de 18 insercións laborais. Para levalo a cabo, traballouse en torno a dous eixos: por un lado, a preparación previa para acceder a un traballo a través de talleres formativos e a realización de prácticas non laborais en empresas; e por outro lado, o emprego con apoio que garante tanto o acceso como o mantemento do posto de traballo.
Ó longo destes meses, 19 persoas con enfermidade mental participaron nas accións formativas que se realizaron no marco deste programa, que comprenderon talleres de motivación e busca activa de emprego, talleres de novas tecnoloxías aplicadas á busca de emprego e talleres de habilidades sociais e laborais.
Así mesmo, 10 usuarios participaron en prácticas non laborais grazas ás cales os empresarios puideron formar ós demandantes de emprego no propio posto de traballo, á vez que os usuarios desenvolvían as habilidades específicas que require un emprego concreto.
O programa “Emprego con apoio para persoas con enfermidade mental” inclúe tamén orientación e acompañamento individualizado no posto de traballo realizado por preparadores laborais especializados. FEAFES Galicia pretende deste xeito facilitar a adaptación social e laboral dos traballadores con enfermidade mental, superando as súas dificultades para insertarse no mercado laboral ordinario y buscando e igualdade de condicións cos demais traballadores.