Skip to main content
Novas

O Proxecto Nise imparte cursos de atención ás persoas con enfermidade mental

By 31 de Agosto de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

O Servizo Galego de Saúde, a través do Proxecto Nise 2010-2014 e en colaboración con Feafes Galicia, realizará nos vindeiros meses unha serie de acción formativas para mellorar a atención ás persoas con enfermidade mental. En total, vanse impartir 26 cursos entre o 5 de setembro e o 28 de novembro.

O obxectivo desta iniciativa é o desenvolvemento dun programa de formación continua de orientación dirixido a profesionais dos centros receptores de persoas maiores e con discapacidade (antigos usuarios do centros psiquiátricos), co fin de facilitarlles pautas de actuación encamiñadas a acadar aptitudes orientadas aos coidados específicos de residentes con trastornos mentais e eliminando o potencial estigma desta enfermidade.

En concreto, vaise impartir un “Obradoiro de atención ao trastorno mental grave en réxime residencial” e un “Obradoiro de atención ao trastorno mental”. Os cursos terán lugar en Vigo, Ourense, Santiago, Lugo, Burela, Monforte e Ferrol.