Daniel Agís alcanza o primeiro posto por segunda vez consecutiva neste XIV Torneo de Tenis de Mesa organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia e Saúde Mental Ferrol. En colaboración co Clube de Tenis de Mesa de Narón e o patrocinio de Drop In
O Pavillón Campo da Serra de Narón foi, o xoves 14, escenario do XIV Torneo de Tenis de Mesa pola saúde mental organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia e a asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. Coa colaboración do Clube de Tenis de Mesa de Narón e o patrocinio de Drop In. Tratouse dun encontro lúdico no que participaron sete entidades de saúde mental procedentes de toda a comunidade autónoma.
Un total de 45 xogadoras e xogadores de Alume (Lugo), ASPANEPS (Ferrol), Doa (Vigo e Cangas), Saúde Mental Ferrol (Narón), Saúde Mental FEAFES Galicia (Lugo, Vigo e Santiago), trasladáronse ata narón para disfrutar desta xornada
Vigo recolle o primeiro premio e o segundo viaxa a Santiago
O torneo empezou ás 10h da mañá e foi sober as 13h30 cando Diego Agís, de Saúde Mental FEAFES Vigo, se proclamou campión. O seu contricante na final foi José Luis Sánchez, de Saúde Mental FEAFES Santiago. Tras eles, Manuel Otero e Guillermo Rodar, da asociación Doa, ocuparon os terceiros postos da clasificación.
Na entrega de premios interviñeron Marián Ferreiro, alcaldesa de narón; Ibán Santalla, Concelleiro de Deportes de Narón; María Lorenzo, Concelleira de Igualdade de Narón. Tamén participaron Xosé Ramón Girón, presindente de Saúde Mental FEAFES Galicia, e Félix Alonso, presidente da asociación Saúde Mental Ferrol.
Todas as persoas participantes foron agasalladas cunha medalla para premiar a súa participación e, a continuación do evento, celebrouse unha comida de convivencia.
Un torneo pola saúde mental
Este torneo ten como obxectivo promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo. A través do campionato, Saúde Mental FEAFES Galicia mostra á sociedade unha imaxe normalizada da saúde mental, combatindo de modo activo os estereotipos negativos e os falsos prexuízos que se asocian a estas persoas.
As actividades de ocio e deporte que organizan Saúde Mental FEAFES Galicia, axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, pois as persoas participantes rompen coa rutina diaria, realizan actividades físicas desde unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. E, a súa vez, estas actividades permiten un respiro ás familias nas súas tarefas de coidados.
- premiados
- Grupo
- instantes do torneo
- instantes do torneo
- instantes do torneo
- instantes do torneo
- entrega medallas
- Entrega medllas
- Entrega medallas
- Xosé Manuel Girón e Félix Alonso