Skip to main content
A presente oferta de emprego está vinculada á posible concesión de fondos a través da subvención do Programa de Axudas Municipais para o Fomento do Emprego na convocatoria 2018 dentro do Plan Local de Emprego 2018 do Concello de Vigo. 
Ante esta situación, FEAFES Galicia abre un proceso selectivo para un posto de traballo, concretando despois as características da contratación segundo o aporte outorgado a través da liña de subvenciones do Concello de Vigo.

Asociación que realiza a oferta: 

Saúde Mental FEAFES Galicia

Posto/s ofertados/s e perfil/s solicitado/s: 

1 Técnico Integración Social (acompañamento individualizado, apoio ao ocio e promoción da autonomía social)

Requisitos xerais:

– Empadroado en Vigo antes do 01/01/2016
– Inscrita como demandante de emprego no SPEG
– Posuír o perfil para o posto solicitado

Outros requisitos: 

Valorarase formación ou experiencia en atención a persoas con discapacidade, enfermidade mental ou exclusión social, así como formación ou experiencia en tempo libre.

Prazo de remate de recepción de CV: 

28 de febreiro de 2018

Enderezo de envío e/ou de entrega de CV: 

vigo@feafesgalicia.org