Saúde Mental FEAFES Galicia abre un proceso de selección para cubrir o seguinte posto:
Orientadora ou orientador laboral para Lugo
Posto: Orientación laboral
Titulación: Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social ou similar
Xornada: Completa
Duración: Substitución por I.T. (mínimo 8 meses)
Data de incorporación: 13-10-2026
Requisitos: Ter a acreditación como persoal de orientación ou contar cos requisitos imprescindibles para superar o baremo (artigo 13 da Orde do 11 de marzo de 2026 de Orientación Laboral)
Envío de CV: a lugo@feafesgalicia.org co asunto “Orientación Laboral Lugo” (ata o 30-09-2026)
Saúde Mental FEAFES Galicia está comprometida coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes co obxectivo de acadar unha presenza igualitaria
