A presente oferta de emprego está vinculada a posible concesión de fondos a través da Subvención do Programa De Axudas Municipais para O Fomento Do Emprego na Convocatoria 2014 dentro do Plan Local de Emprego 2014 do Concello de Vigo. Ante esta situación, FEAFES Galicia abre un proceso selectivo para un posto de traballo, concretando despois as características da contratación según o aporte outorgado a través da línea de Subvención do Concello de Vigo.
Posto ofertado: 1 TÉCNIC@ AUXILIAR ADMINISTRATIVO
– Titulación: Ciclo Medio ou FP de 1º Grado na rama administrativa ou Nivel de estudios equivalente.
– A candidatura é para persoas con certificado de valoración de discapacidade en vixencia.
– Valoraranse coñecementos profesionais ou formación en: xestión administrativa. Atención ao público. Aplicacións informáticas. Grabación de datos.
Para o posto é imprescindible ser demandante de emprego e ter empadroamento no Concello de Vigo cunha antiguedade cando menos dende o 1 de xaneiro do 2014.
As persoas candidatas deberán remitir o seu Curriculum Vitae vía correo electrónico ó seguinte enderezo: delegacion.vigo@feafesgalicia.org indicando no asunto do correo: Oferta Administrativo Vigo. O prazo de presentación de Curriculums remata o venres día 1 de agosto ás 14:00 horas. É imprescindible achegar unha copia dixitalizada da tarxeta de demandante de emprego actualizada e do volante de empadroamento.