Skip to main content

O noso equipo de orientadoras e orientadores laborais realizou un total de 3803 entrevistas de orientación laboral a case 1000 demandantes no 2023

O acceso ó emprego é un obxectivo con enormes dificultades para as persoas con problemas de saúde mental. O desemprego e a marxinación do mundo laboral son unha das maiores desvantaxes sociais que sofre este grupo de persoas.

Para facer fronte a esta realidaide, Saúde Mental FEAFES Galicia conta cun Servicio de Orientación Laboral desde o 2002. Este servizo, realizado grazas ó apoio da Xunta de Galicia e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, leva máis de 20 anos en funcionamento. O noso servizo de Orientación Laboral está especializado en favorecer a inserción laboral das persoas demandantes de emprego que teñen algún problema de saúde mental.

Preto de 1000 personas atendidas

Co servizo de Orientación Laboral, pretendemos mellorar a empregabilidade e a cualificación das persoas con problemas de saúde mental. O programa realízase de forma individualizada e integral. O proceso inclúe desde o análise das motivacións e capacidades da persoa ata o acompañamento posterior no posto de traballo. O obxectivo final é o de alcanzar a inserción laboral conseguindo que máis dun 30% das persoas accedan ó mercado laboral.

No ano 2023, o noso equipo de 11 orientadoras e orientadores laborais realizou un total de 3803 entrevistas de orientaicón laboral a case 1000 demandantes de emprego de toda Galicia.

Seguimos traballando para eliminar as barreiras e prexuízos existentes. As persoas con problemas de saúde mental están capacitadas para traballar e poder levar unha vida normalizada se a sociedade e o mercado laboral lles ofrece oportunidades.