Skip to main content
Novas

Os non pagamentos da Generalitat Valenciana poñen en perigo a atención en saúde mental

By 1 de Febreiro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Dende a Confederación FEAFES denuncian o atraso no pagamento de 28 mil e 37 mil euros por parte das Consellerías de Benestar Social e Sanidade respectivamente, por servizos que as entidades valencianas prestaron nos anos 2010 e 2011. O seu presidente “confía” en que dende ambas as dúas Consellerías “cumpran o acordado de xeito inminente” posto que, segundo el, “a atención, que implica unha continuidade de coidados a máis de 3.000 persoas con trastorno mental e familiares, está en perigo”.

Para Sánchez Monge, o papel da federación valenciana é “absolutamente imprescindible” para coordinar os programas das 27 asociacións desta Comunidade, polo que, se a federación rematase pechando, moitos dos recursos que xestionan estas entidades non tardarían en verse “gravemente afectados”. O pasado venres FEAFES Comunidade Valenciana tivo que despedir a dous dos seus tres traballadores debido ao atraso no pagamento das subvencións acordadas.

Dende FEAFES explican que “a continuidade nos tratamentos é vital” para este tipo de trastornos, polo que “calquera interrupción nos programas que levan a cabo as asociacións supón un enorme obstáculo no proceso de recuperación de calquera problema de saúde mental”.

A Confederación FEAFES, que reúne a 283 asociacións en todo o país, quixo expresar así o seu compromiso con calquera das súas entidades que se vexan ameazadas polos recortes presupostarios das distintas Administracións Públicas. Dende a entidade móstranse “conscientes da difícil situación económica xeral”, pero rexeitan que sexan as persoas con minusvalidez, neste caso provocada por unha enfermidade mental, as que debido aos recortes queden sen uns apoios básicos para a súa vida diaria.

Preocupación xeral
O presidente da Confederación FEAFES destacou que seguramente o problema causado polos non pagamentos por parte da Generalitat Valenciana”puede ser o máis urxente, pero non o único”. Neste sentido, Sánchez Monge sinalou que noutras Comunidades Autónomas os recortes presupostarios tamén están a poñer en perigo “dereitos básicos” das persoas con trastorno mental como a atención sanitaria ou a inclusión social.

“Dende a reforma psiquiátrica, hai 25 anos, producíronse melloras progresivas na atención na saúde mental. É a primeira vez nese período que se corre o risco de sufrir un retroceso xeral na situación do noso colectivo”, concluíu Sánchez Monge.