Un total de 11 persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia en Vigo, participantes todas elas no Proxecto Practicum de inserción laboral da Deputación de Pontevedra, recibiron una formación en liña sobre prevención de riscos laborais en tempos de COVID-19.
O curso, dunha duración de 5 horas, abordou diversos conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, falando tanto das medidas que poden adoptar as empresas como aquelas cuestións de prevención de carácter máis individual. Todo isto aplicouse especialmente ao contexto concreto que estamos a vivir provocado pola COVID-19, explicando en que consiste esta enfermidade, como se contaxia e cales son as medidas máis eficaces para evitar a súa propagación no entorno laboral.
A formación incluíu, así mesmo, unha serie de nocións sobre o perigo dos bulos e a desinformación nas redes sociais, o impacto emocional do confinamento ou conceptos básicos sobre primeiros auxilios. Tras a exposición teórica dos contidos, houbo un espazo para o debate e a resolución de dúbidas, así como unha enquisa final para avaliar os coñecementos adquiridos polos participantes.
O Proxecto Practicum, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, trata de favorecer a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental a través da realización de prácticas non laborais en empresas. Este ano, a causa da COVID-19, houbo que incidir na formación das persoas participantes sobre estes temas, coa fin de que a súa experiencia formativa nas empresas sexa o máis segura, completa e útil posible.