Skip to main content
Moitas persoas en situación vulnerable precisan unha oportunidade laboral para construír as súas vidas. Están formadas e preparadas para traballar: só necesitan que outras persoas aposten por elas. Os Premios Incorpora de Obra Social “la Caixa” volveron recoñecer as empresas galegas que no último ano apostaron polas persoas e por contribuír á construción dunha sociedade mellor.
Para que unha persoa en dificultade poida romper a cadea da exclusión, ten que haber outra persoa disposta a darlle unha oportunidade. Nestes dez anos de implantación do Programa Incorpora en Galicia, máis de 1.500 empresarias e empresarios tomaron unha decisión capaz de cambiar vidas: 3.366 persoas encontraron a súa oportunidade laboral.
Onte celebramos os Premios Incorpora Galicia para recoñecer o compromiso social de cinco empresas galegas en 2016. Na gala da Cidade da Cultura foron premiadas Limanfer, como empresa decana vinculada a Incorpora; Frutas Mavaz, como empresa que destacou polo seu alto nivel de insercións nestes dez anos; Caffé Arábica Ourense, pola súa implicación na mellora da empregabilidade das persoas beneficiarias; e a Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Pontevedra (AELPO), na categoría de recoñecemento especial.
Ademais premiouse a Handball 7m, empresa de Alberto Millos, beneficiario de Incorpora que logrou levar adiante o seu propio proxecto persoal de emprendemento.

Grupo Incorpora Galicia: 700 persoas atoparon traballo en 2016

Un total de 695 persoas lograron cambiar a súa vida o pasado ano grazas á colaboración de 338 empresas galegas e a mediación das oito organizacións sociais que desenvolvemos en Galicia o programa Incorpora de Obra Social La Caixa: Fundación Érguete Integración, COGAMI, FEAFES Galicia, APES, Fundación JuanSoñador e Cruz Vermella de Ourense e Lugo, baixo a coordinación xeral de Igaxes3.
Vía Igaxes3.