Skip to main content
Novas

Ourense acolle as IX Xornadas Nacionais AEN de Historia da Psiquiatría

By 13 de Setembro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle os días 4, 5 e 6 de outubro as IX Xornadas Nacionais AEN de Historia da Psiquiatría, que levarán por título “Razón, loucura e sociedade. Unha mirada á historia dende o século XXI”.

As xornadas están organizadas conxuntamente pola Asociación Española de Neuropsiquiatría (AEN) e a Asociación Galega de Saúde Mental e nela participan prestixiosos profesionais procedentes de toda España. Para consultar o programa completo e inscribirse, hai que acceder á web de Serempresa, facendo click aquí.

Os prezos de matriculación oscilan dende os 450 euros para médicos non socios ata os 80 euros para estudantes.