O Servizo de Prospección e Inserción Laboral para persoas con enfermidade mental, financiado polo Concello de Ourense, beneficiou a 479 participantes ao longo de 2022
O traballo é un piar fundamental para o desenvolvemento persoal e a consecución dunha vida independente e plan a todos os efectos. Pero as persoas con problemas de saúde mental atopan grandes dificultades para acceder ao emprego.
Nesta liña lévase a cabo o Servizo de Prospección e Inserción Laboral para persoas con enfermidade mental coa colaboración do Concello de Ourense. Neste proxecto búscase paliar os obstáculos cos que se atopan as persoas con problemas de saúde mental á hora de acceder ao mercado laboral.
Ademais de axudar a súa inserción laboral, procuramos tamén que esa inserción sexa duradeira e positiva tanto para o traballador/a como para a empresa. Para iso, faise un seguemento e un apoio á persoa traballadora durante todo o proceso.
Tamén sabemos que o apartado formativo é unha das necesidades primordiais á hora de buscar emprego. Por iso, ao longo do ano se realizan talleres formativos que axudan a mellorar as opcións das persoas usuarias.
Máis de 50 contratos firmados
Grazas ao Servizo de Prospección e Inserción Laboral financiado polo Concello de Ourense estableceuse un contacto persoal e directo con 35 empresas de Ourense e chegouse a colaboración con 15.
O obxectivo inicial deste proxecto era alcanzar un total de 34 contratos. Finalmente, o número total de contratos firmados durante o 2022 foi máis de 50, superando de forma moi notable o obxectivo proposto. O número de persoas que accederon a un emprego foi de 29
A finais do 2022, o número total de persoas beneficiarias do proxecto ascende a 479, das que 430 son usuarias/os do Concello de Ourense.
Programa subvencionado por: