Skip to main content

O Servizo de Prospección e Inserción Laboral para persoas con enfermidade mental, financiado polo Concello de Ourense, beneficiou a 565 participantes ao longo de 2023 

O traballo é un piar fundamental para o desenvolvemento persoal e a consecución dunha vida independente e plena a todos os efectos. Pero as persoas con problemas de saúde mental atopan grandes dificultades para acceder ao emprego.

Inserción laboral Ourense

Nesta liña lévase a cabo o Servizo de Prospección e Inserción Laboral para persoas con enfermidade mental coa colaboración do Concello de Ourense. Neste proxecto búscase paliar os obstáculos cos que se atopan as persoas con problemas de saúde mental á hora de acceder ao mercado laboral.

Ademais de axudar a súa inserción laboral, procuramos tamén que esa inserción sexa duradeira e positiva tanto para a persoa traballadora como para a empresa. Para iso, faise un seguimento e un apoio á persoa usuaria durante todo o proceso.

Tamén sabemos que o apartado formativo é unha das necesidades primordiais á hora de buscar emprego. Por iso, ao longo do ano se realizan talleres formativos que axudan a mellorar as opcións das persoas usuarias.

 

Máis de 30 contratos firmados

Grazas ao Servizo de Prospección e Inserción Laboral financiado polo Concello de Ourense estableceuse un contacto persoal e directo con 35 empresas de Ourense, e chegouse a acordo con 22.

O número total de contratos firmados durante o 2023 foi de 36, superando o obxectivo proposto. Mentres que o número de persoas que accederon a un emprego foi de 25. Ademais, 47 persoas usuarias recibiron formación para mellorar o seu acceso ó emprego.

A finais do 2023, o número total de persoas beneficiarias do proxecto ascende a 565.

 

Programa subvencionado por: