Skip to main content

A Deputación de Ourense segue apoiando ás persoas con problemas de saúde mental na busca de emprego.

Un ano máis, a Deputación de Ourense colabora con Saúde Mental FEAFES Galicia a través do financiamento dun proxecto de preparación e apoio no emprego para persoas con problemas de saúde mental, no que participará un grupo de persoas desempregadas en búsqueda de traballo.

A financiación da Deputación de Ourense, dotada de 11.500€, permitirá que se realicen accións encamiñadas, inicialmente, a maximizar as oportunidades de acceso ao mundo laboral das persoas participantes. Para isto, realizaranse accións de orientación e asesoramento individualizado, motivación para a procura de emprego, adestramento en habilidades sociais ou desenvolvemento dun plan de busca de emprego.

Tamén se lles facilitará ás persoas participantes coñecementos sobre as distintas canles de información laboral, indicacións para a captación e busca de emprego no mercado ordinario e análise dos postos de traballo.

Ourense apoia na busca e no mantemento do emprego

Nos casos nos que se logre unha inserción laboral, implementaranse unha serie de accións de apoio ao emprego para o mantemento do posto de traballo, segundo as necesidades de cada persoa.

Para isto, empregarase a metodoloxía Emprego con Apio, que consta dun conxunto de actuacións de orientación e acompañamento individualizado no posto de traballo, prestada por preparadoras e preparadores laborais especializados, coa fin de facilitar a adaptación social e laboral das persoas traballadoras, coa fin de facilitar a adaptación social e laboral das persoas traballadoras con discapacidade con especiais dificultades de inserción no mercado ordinario de emprego. Como son as persoas con problemas de saúde mental.

A duración do proxecto financiado pola Deputación de Ourense será de 11 meses. Realizarase nos concellos de procedencia das persoas participantes. Non obstante, o ámbito territorial de actuación do proxecto será toda a provincia, posto que as accións de captación de empresas e ofertas realizaranse no concello de procedencia da persoa e nos municipios limítrofes.

 

Coa colaboración de: