Skip to main content

Un ano máis poñemos en marcha o Practicum 2025 coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Entre 14 e 18 persoas usuarias participarán este ano no proxecto “Practicum 2025”. Esta iniciativa, cofinanciada pola Deputación de Pontevedrafomenta a realización de prácticas non laborais en empresas por parte de persoas con problemas de saúde mental. Grazas a isto, o colectivo pode mellorar as súas competencias laborais, acostumarse a un entorno de traballo e coñecer de primeira man un posto concreto.

 

 

 

En busca da inserción laboral

Para as persoas que teñen algún problema de saúde mental, atopar un emprego resulta máis complicado que para o resto de persoas. Pero desde Saúde Mental FEAFES Galicia sabemos que, co apoio axeitado, esa realidade pode cambiar. A moitas destas persoas, fáltalles experiencia nun posto de traballo e unha primeira toma de contacto, con orientación e apoio, que lles permita adquirir ferramentas e habilidades para desempeñar correctamente a súa labor.

No proxecto “Practicum”, as persoas participantes poden establecer esta primeira relación a través dun período de prácticas non laborais. Durante esas prácticas, o noso equipo de orientadoras e orientadores establecen unha comunicación e coordinación coas empresas colaboradoras. Así, favorecen a consecución das prácticas e o desenvolvemento profesional das persoas participantes.

O ano pasado participaron no proxecto un total de 16 persoas usuarias da provincia de Vigo, logrando unha inserción laboral posterior do 21%.

O proxecto “Practicum” é unha vía de contacto e sensibilización do sector empresarial, que contribúe a eliminar o descoñecemento e os prexuízos da sociedade sobre as capacidades laborais e productivas das persoas con problemas de saúde mental.

Coa colaboración da: