Grazas ao convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do CERMI, desenvólvese o PIE CERMI de Saúde Mental FEAFES Galicia, destinado a promover a inclusión laboral das persoas con problemas de saúde mental.
Nesta ocasión, participantes do programa asistiron a unha visita guiada no marco da Semana da Administración Aberta que se realiza anualmente no Consorcio da Zona Franca de Vigo, onde coñeceron as institucións e o seu traballo, así como diferentes polígonos industriais vinculados ao consorcio na zona: Balaídos, Bouzas e PTL Valadares. Durante este interesante percorrido, afondaron un pouco máis sobre o tecido empresarial do área de Vigo.
A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week). O seu obxectivo principal é achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios de transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.