Skip to main content

Pablo Barral Miragaya naceu en 1982 na provincia de Lugo. Estudou no colexio e no instituto de Guitiriz para despois comezar uns estudos universitarios que non chegou a terminar. Iso, sen embargo, non lle impide ter grandes motivacións e unha sensibilidade especial para a poesía, habilidade que plasma na súa primeira obra Poesía de catro estacións.

Se ben a escritura é algo que lle gusta dende pequeniño, nunca ata agora se plantexara editar un libro. “Dende sempre me gustou escribir, xa o facía no instituto, pero publicar un libro foi como un reto para min. Comecei a escribilo sen saber se lograría acabalo, e ó final así foi e estou moi contento co resultado”, cóntanos Pablo.

A Editorial Círculo Rojo define Poesía de catro estacións como “unha obra na que se pode falar de todo, na que quizais as palabras se fagan eternas, unha obra que quizais non exista e teña existido sempre”. Pablo, sen embargo, fálanos desta obra dunha forma máis próxima e persoal: “O libro conta o que eu vexo ó longo de un ano. Foi escrito durante as catro estacións, plasmando en versos o que eu vía, sentía e pensaba a medida que pasaba o ano.”

Cando lle preguntamos se no seu libro hai algún poema ou pasaxe especial para el, contéstanos que non sabería elixir ningunha parte en concreto, xa que, se ben escribiu os poemas individualmente a medida que pasaba o ano, a obra garda unha continuidade e non hai títulos que os separe. 

Por qué nos recomendarías ler Poesía de catro estacións?, preguntámoslle. “Pois porque é un libro sinxelo, fácil de entender, que fala de cousas que lle poden pasar a todo o mundo pero tratadas dende o meu punto de vista. É un libro persoal pero cercano a todo o mundo.”

Se queres saber máis sobre esta obra ou desexas adquirila, podes pinchar aquí.

entrevista pablo barral.JPG