As esperas para cruzar as rúas en Redondela son máis amenas grazas ao certame cultural Artelixo. Un centenar de alumnos dos tres institutos da localidade, ademais de usuarios da asociación Lenda, adornaron os pasos de peóns da vila con poesías e mensaxes con transfondo. Unha iniciativa coa que se pretende abrir un oco no festival ao xénero lírico, ao mesmo tempo que entreter o paseo dos transeúntes coa lectura. Fran Somoza, membro da asociación Lenda, cóntanos a súa percepción persoal sobre esta actividade.
Un paso adiante da asociación Lenda en Redondela
Digo un paso adiante xa que esta iniciativa forma parte de moitas outras nas que participa a asociación Lenda, programadas polos diferentes grupos e colectivos sociais que organizan numerosas actividades e festas ao longo do ano.
Neste caso, foi no certame Artelixo 2017 onde participou a asociación Lenda, organizado na vila de Redondela do 16 ao 22 de abril. Esta iniciativa pretende concienciar socialmente sobre a xestión de residuos a través de creacións artísticas feitas con material reciclado, así como facer reflexións sobre modelos de vida, reciclaxe, consumo, o futuro do planeta e o noso propio.
Digo un paso adiante tamén porque a asociación Lenda, xunto con estudantes de Redondela, participaron conxuntamente na actividade de escribir poemas nos pasos peonís da vila. Por iso se pode dicir que é un claro exemplo de integración entre organizacións, neste caso os usuarios de Lenda e os estudantes.
Unha das persoas de Lenda que participaron nesta actividade, José Luis Ezama, valorou positivamente a iniciativa, na que tamén puxeron o seu talento poético Jaime Viqueira e Patricia Cogolludo aportando cadanseu poemas. Esta é unha mostra clara do valorada que está a asociación Lenda no día a día dun concello como o de Redondela.
Neste certame Artelixo 2017, integrantes dos talleres de Lenda tamén participaron cunha obra artística que se expuxo na sede exterior do Centro de Rehabilitación Psicosocial da asociación, polo que pasa o Camiño de Santiago.
O que subscribe esta noticia foi usuario de Lenda e agora é coidador nas viaxes de ocio e tempo libre, así como secretario na Xunta Directiva. No Artelixo 2017 participou na actividade “Parnalixo” (poesía) facendo un poema titulado “Artelixo nas rúas” e tivo o pracer de lelo en público. Penso que non hai que sobrevalorarse, pero si estar orgulloso do que se fai.
Deica a próxima.
Fran Somoza
Más información en El Faro de Vigo.