Skip to main content
Saúde Mental FEAFES Galicia pon en marcha, un ano máis, o Programa Integrado de Emprego de FEAFES 2021/22, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Dito programa levarase a cabo entre o 22 de novembro de 2021 e o 21 de novembro de 2022.
O seu obxectivo é mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral na comunidade autónoma de Galicia. Este programa contempla o desenvolvemento de itinerarios personalizados de inserción que inclúen accións individualizadas e grupais para facilitar a adquisición de habilidades laborais que favorezan a inserción laboral das persoas participantes.
Participarán un total de 100 persoas desempregadas que residan en A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Vigo ou as súas contornas, co obxectivo de que a lo menos o 36% delas logre acceder a un contrato laboral
Entre as accións que se desenvolverán no marco deste programa, atópanse: 
  • Accións de información, orientación, asesoramento e apoio individualizado
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas
  • Adestramento en técnicas de coaching, intelixencia emocional, motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais e talleres de entrevistas
  • Impartición de 350 horas de especialidades formativas incluídas no catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal e 200 horas de formación non incluída en dito catálogo 
  • Prospección e intermediación laboral
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas
Ademais, o programa conta cunha bolsa ou axuda de 7€/día por asistencia ás accións do programa, coa posibilidade de que as persoas participantes poidan beneficiarse tamén de medidas de conciliación.