Skip to main content
O Servizo de Emprego con Apoio é un programa cofinanciado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, con cargo á convocatoria da asignación tributaria do IRPF 2016 e promovido pola Asociación Española de Emprego con Apoio (AESE) como entidade organizadora.
O Emprego con Apoio defínese como un “sistema de apoios ás persoas con discapacidade ou outros grupos en risco de exclusión social para que consigan e manteñan un emprego no mercado laboral aberto. O apoio debe darse antes, durante e despois de obter un contrato laboral, incluíndo, ademais, os apoios á empresa e tendo como punto crave en todo o sistema, a figura do Preparador Laboral” (European Union of Supported Employment. EUSE 2011).
O seu obxectivo é, en definitiva, a creación e o mantemento do emprego das persoas con discapacidade e especiais dificultades de inserción, nas empresas do mercado ordinario de traballo.

Accións

O Servizo de Emprego con Apoio inclúe unha serie de accións como a orientación e asesoramento para a procura de traballo, a formación laboral mediante o uso de novas tecnoloxías e o deseño de itinerarios personalizados de inserción para cada persoa. Ademais, o personal técnico da entidade realiza prospección e captación de ofertas de emprego así como unha campaña de sensibilización empresarial.
O Emprego con Apoio tamén inclúe unha serie de adestramentos das tarefas do posto de traballo, o seguimento e mantemento do mesmo e a implementación do plan de voluntariado para a área de emprego. Ademais, o personal técnico da entidade dota de apoios tanto dentro como fora da contorna laboral á persoa traballadora, á súa familia e á empresa.

Beneficiarios

Benefícianse deste servizo persoas con discapacidade inscritas nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego non ocupados, así como traballadores con discapacidade contratados en empresas ordinarias con necesidades de apoio, sempre que teñan un determinado grao de minusvalía en función do tipo de discapacidade.
O programa tamén atende as necesidades de apoio das familias da persoa con discapacidade, baseándose sempre nunha planificación centrada na persoa e nos círculos de apoio.
Deste xeito, a través deste servizo desenvólvese unha atención especializada, próxima e de calidade cara ás empresas e o seu persoal, asesorando e prestando os apoios necesarios ante calquera incidencia que poida xurdir no posto de traballo ao longo de toda a relación contractual entre a persoa traballadora e a empresa.