Skip to main content

Coñecemos o fallo do xurado do III Concurso Fotográfico organizado polo Comité en Primeira Persoa de Galicia

O xurado do III Concurso Fotográfico “Fai zoom á túa saúde mental”, composto polas 6 persoas que actualmente conforman o Comité en Primeira Persoa de Galicia e as dúas técnicas de apoio que acompañan ó Comité, resolveron conceder os seguintes premios:

  • 1º Premio: Un lugar onde quedar, de Alba Sotelo
  • 2º Premio: Airiños do Vilán, de Rosa Ana Rodríguez
  • 3º Premio: Mesturas de coresde Laura Iglesias

A convocatoria deste concurso tiña como obxectivo mostar aquelas actividades, momentos, situacións que contribúen a coidar a nosa saúde mental. O día a día pode levarnos a situacións nas que nos vemos abrumados e a nosa saúde resíntese, por iso é tan importante adquirir o hábito e conectar con espazos, pasatemos, compañías, etc; que nos axuden a coidar o noso benestar.

 

En base a estes criterios, o xurado seleccionou a fotografía gañadora Un lugar onde quedar de Alba Sotelo, xa que pon sobre a mesa o efecto que os animais de compañía exercen sobre as persoas. A autora da imaxe descríbea da seguinte forma: “En momentos de ansiedade e incomprensión, ela ven ó meu colo e trasládame ó presente. En moitos momentos nos que non sei que facer, collo as miñas cousas de labores de ganchos e ela ofréceme o seu cariño e compañía.” E iso móstranos nesta imaxe: o afecto, o cariño, a tranquilidade e a compañía nun instante dun día calquera. Non é a única imaxe de animais que participou no concurso, o que pon de manifesto a importancia que ten a súa presenza no benestar de tantas persoas. Ademais, o xurado valorou positivamente a composición da fotografía e o uso da luz; que rematan de redondear unha imaxe que recorda ó fogar e a tranquilidade que agardamos atopar nel.

 

 

 

 

 

En segundo lugar, Airiños do Vilán de Rosa Ana Rodríguez Santar. O xurado considea que esta imaxe conxuga dous elementos de gran peso no benestar de moitas persoas: a música e o contacto coa natureza. Unha estampa cunha gran carga de referencia a Galicia, xa que a gaiteira está tocando a súa peza ante as vistas do faro de Cabo Vilán en Camariñas. Parece case como se o son do mar e da gaita traspasasen a fotografía para chegar ós nosos oídos. A autora di que é o seu lugar favorito, onde realiza unha das súas paixóns favoritas sentíndose libre, tranquila e relaxada. Unha escena coa que seguramente moitas persoas se sentirán identificadas.

 

 

 

Por último, Laura Iglesias, autora de Mestura de cores, descríbenos a súa fotografía como “unha sensación de esperanza e futuro. O sol sempre volve saír aínda que se esconda entre as nubes”. A criterio do xurado, a imaxe presenta un bonito atardecer onde o sol se agocha tras o monte, e recorre á natureza como factor que inflúe no benestar das persoas e que pode contribuír positivsamente no coidado da saúde metnal. O xogo de cores e o efecto da luz sobre as nubes axudan a enfatizar a idea da autora.

 

 

 

 

A entrega de premios terá lugar o vindeiro mes de xuño nun acto que aínda está por concretar.

O Comité en Primeira Persoa de Galicia quere agradecer novamente a participación de todas as perosas que enviaron as súas fotografías ó concurso, felicitar ás tres premiadas e recoñecer a calidade tanto estética como conceptual de todas as propostas recibidas.