Skip to main content

Durante o xoves 12 e o venres 13 de xuño, a Delegación de FEAFES Galicia na Coruña acollerá un Taller de Entrevistas organizado e impartido pola Fundación Ronsel. As sesións formativas serán de 16:00 a 18:00 e nelas participarán un total de 13 persoas con enfermidade mental, entre as que haberá usuarios de FEAFES Coruña e da asociación Apem.

Na primeira sesión, que terá lugar a tarde do xoves, traballaranse pautas e recomendacións para a realización dunha boa entrevista de traballo, ensinando ós participantes cales son as cuestións a ter en conta para abordar correctamente esta fase do proceso de busca de emprego. 

Na segunda sesión, que terá lugar o venres, os alumnos do curso participarán nun role playing no que terán que enfrontarse a simulacións de entrevistas de traballo, vencendo os seus nervios e analizando os fallos e puntos fortes de cada quén. 

Este Taller de Entrevistas pretende axudar ás persoas con enfermidade mental a mellorar as súas competencias na busca de emprego e favorecer así a súa inserción laboral, xa que se trata dun colectivo moi discriminado no mercado de traballo e que conta cuns índices de inserción moi baixos.

taller entrevistas coruña 2.jpg