Ao longo do mes de xaneiro, as distintas delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia nas que se desenvolve o Programa Integrado de Emprego de FEAFES 2019/20 (A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo), realizaron unha presentación grupal do programa explicando ás persoas participantes as accións a realizar durante a posta en marcha do mesmo.
Deste xeito, as 100 persoas que durante os vindeiros meses participarán neste programa, coñeceron os obxectivos do mesmo, a súa duración, as visitas que se realizarán, as charlas previstas e as obrigas que teñen como participantes.
Nos encontros presentouse un resumo das accións previstas e do seu cronograma, do mesmo xeito que se resolveron as dúbidas plantexadas polos participantes. Esta primeira acción de grupo tamén serviu para comezar a traballar a cohesión grupal e a presentación das persoas participantes en cada cidade.
O Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20, financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, busca mellorar a empregabilidade e aumentar as posibilidades de acceso ao mercado laboral das persoas participantes, co obxectivo de que a lo menos o 36% delas logren acceder a un emprego. Entre as accións que se levan a cabo dentro do programa, realízanse itinerarios personalizados de inserción e diversos obradoiros formativos, ademais de actividades transversais durante todo o proceso como técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.