A Facultade de Psicoloxía acolleu un encontro no que se puxeron en común distintas experiencias de prevención e coidado da saúde mental na mocidade, onde participou a psicóloga e divulgadora satírica, Lorena Gascón.
Saúde Mental FEAFES Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), con motivo do Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro), uniron forzas para sensibilizar sobre a importanica do coidado da saúde mental entre a mocidade. Así, este mércores 8 de outubro, de 16h00 a 20h00, tivo lugar a xornada “Saúde Mental e Mocidade: coidar o presente para construír o futuro” no salón de actos da Facultade de Psicoloxía de Santiago.
O obxectivo deste encontro foi sensibilizar á sociedade sobre a importancia de coidar a saúde mental na etapa adolescente e xuvenil. Tamén difundiu e puxo en valor diversas accións en prol da saúde mental que se levan a cabo tanto a nivel científico como asistencial. Do mesmo xeito, promoveuse a cultura da prevención comunitaria e a coordinación entre distintos axentes.
Unhas xornadas participativas
As xornadas, que se realizaron coa colaboración da Consellería de Sanidade e do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, estiveron destinadas tanto a estudantado universtiario como as súas familias. Tamén a profesionais do ámbito da saúde, do eido psicosocial, comunitario e da educación. Así mesmo, asistiron persoas pertencentes a entidades de saúde mental e organizacións afíns. O evento tivo un carácter participativo, xa que tamén serviu de foro de intercambio e dinamización, contando cunha participación de 180 asistentes.
Na inauguración interviron D. Xosé Ramón Girón, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia; Dna. Mª José Sampedro Vizcaya, decada da Facultade de Psicoloxía de Santiago; Dna. Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; e D. Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.
@lapiscologajaputa falou sobre a divulgación da saúde mental en redes
A xornada contou cun convesatorio sobre a divulgación científica da psicoloxía. A psicóloga, escritora e divulgadora Lorena Gascón (@lapsicologajaputa en redes), falou con Tamara Pazos (@putamen_t), tamén divulgadora e investigadora, sobre a responsabilidade e o compromiso que implica trasladar contido e información sobre saúde mental á xente moza. Conversaron sobre estilos de comunicación, boas e malas praxis na divulgación, o seu impacto, inquedaznas percibidas e, en definitiva, como empregar unha ferramenta como as redes sociais para facer chegar mensaxes de calado a unha mocidade sobreexposta á información.
Dúas mesas sobre promoción, prevención e coidado da saúde mental na mocidade
As xornadas continuaron con dúas mesas redondas onde se deron a coñecer diversas accións que favorecen o coidado da saúde mental entre as persoas mozas. Así, a primeira estivo centrada na prevención e a promoción da saúde mental entre a xuventude. Contou coa participación de Patricia Gómez Salgado, profesora da USC, que falou do impacto da tecnoloxía na saúde mental e no benestar emocional da adolescencia. Así mesmo, Almudena Díaz Pereira, subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do SERGAS, deu a coñecer o programa YAM. Unha iniciativa para a prevención escolar universal do suicidio.
O evento continuou cunha segunda mesas sobre coidados 360º da saúde mental entre a mocidade. Yolanda Triñanes Pego, xefa do Servizo de Atención á Saúde Mental da Consellería de Sanidade, falou da avaliación e manexo clínico das autolesións na adolescencia. Pola súa banda, Ana López Durán explicou o traballo que realiza a Unidade de Atención Psicolóxica da USC, servizo que coordina. Álvaro Gómez Pérez, en representación da asociación DOA, contou a súa experiencia no programa de atención integral a persoas mozas con enfermidade mental e as súas familias. Finalmente, Natalia Ruiz de Cortázar, directora da asociación Experientia, explicou como desde esta asociación se introducíu a terapia a través da aventura, un formato pioneiro en España.

- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Dna. María Rosa Álvarez, Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Dna. María José Sampedro, decana da Facultade de Psicoloxía da USC
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Lorena Gascón e Tamara Pazos
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Lorena Gascón e Tamara Pazos
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Tmara Pazos (@putamen_t)
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Lorena Gascón (@lapsicologajaputa)
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Mesa 1. Patricia Gómez, Isabel Varela e Almudena Díaz
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Patricia Gómez, profesora da USC
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Mesa 2. Yolanda Triñanes, Ana López, Álvaro Gómez e Natalia Ruiz de Cortázar
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Ana López, coordinadora da Unidade de Atención Psicolóxica da USC
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Natalia Ruíz de Cortázar, directora da asociación Experientia
- Xornadas Saúde Mental e Mocidade. Álvaro Gómez, participante da asociación DOA













