Skip to main content
Saúde Mental FEAFES Galicia pon en marcha, un ano máis, o Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2020/21, financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal. Dito programa levarase a cabo entre o 09 de novembro de 2020 e o 08 de novembro de 2021.
PERSOAS DESTINATARIAS: 100 persoas desempregadas que residan en A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Vigo ou as súas contornas, e que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, menores de 30, maiores de 45, persoas beneficiarias da renda de inclusión social, mulleres desempregadas, persoas desempregadas de longa duración ou persoas desempregadas non incluídas nos grupos anteriores.
ACCIÓNS A REALIZAR: Para axudarte na túa busca de emprego, levaremos a cabo:
  • Accións de información, orientación, asesoramento e apoio individualizado
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas
  • Adestramento en técnicas de coaching, intelixencia emocional, motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais e talleres de entrevistas
  • Impartición do Certificado de Profesionalidade “Actividades auxiliares de comercio” en A Coruña
  • Prospección e intermediación laboral
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas

OBXECTIVO DE INSERCIÓN: 36% das persoas participantes.
BOLSAS E AXUDAS: 7€/día por asistencia ás accións do programa. Posibilidade de beneficiarte de medidas de conciliación para a asistencia ás accións.
CONTACTA CONNOSCO: As persoas interesadas en participar no Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2020/21 poderán contactar coas nosas delegacións en A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo ou Vigo a través das seguintes vías de contacto.