O 27 de febreiro, 180º Unidade de Psicoloxía acollerá o seminario “Intervención familiar en Contextos de Enfermidade Mental” impartido polo psicólogo Carlos Álvarez García. A el acudirán catro profesionais de FEAFES Galicia que desenvolven o seu traballo na atención a persoas con enfermidade mental e familiares.
O docente, psicólogo clínico e terapeuta familiar, traballou na Unidade de Rehabilitación Psicosocial do Hospital Psiquiátrico de Conxo durante 14 anos, despois do cal incorporouse á Unidade de Saúde Mental 4 do Hospital Clínico de Santiago. Álvarez forma parte, ademais, da Unidade Venres Clínico na Facultade de Psicoloxía da USC.
Dende a súa experiencia no ámbito da saúde mental tanto con pacientes como con familias, Carlos Álvarez abordará neste seminario o manexo das intervencións terapéuticas con familias en contextos de enfermidade mental, facilitando claves para favorecer a asimilación e abordaxe dun caso no entorno familiar.
Falará do papel das familias e as relacións entre os seus membros no curso dos trastornos mentais severos, do mesmo xeito que exporá as implicacións que isto supón e plantexará unha abordaxe terapéutica axeitada. Presentará tamén modelos de intervención familiar para cambiar os patróns nas relacións parentais e técnicas de intervención para a modificación de actitudes nos pais e familiares.
O seminario, que conta cunha duración de cinco horas, terá lugar no Camiño dos Vilares nº 94, Santiago de Compostela.