Skip to main content

Grazas a colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade a través da Secetaría Xeral de Emprego, Saúde Mental FEAFES Galicia conta con catro novas traballadoras.

No marco das subvencións do Programa de Cooperación destinado a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas traballadoras desempregradas para a realización de servizos de interese xeral e social, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, contaremos, ao longo deste ano, con catro novas traballadoras en Santiago, A Coruña e Pontevedra.

Úrsula Lorenzo ocupará o posto de Traballadora Social en Pontevedra, fortalecendo a atención integral a persoas con problemas de saúde mental e as súas familias. Sheila Álvarez traballará como técnica de proxectos en Santiago,  apoiando así os servizos centrais e de xestión da federación. Pola súa parte, Ana Blanco e Poliana Rodríguez incorpóranse como auxiliares administrativas en Santiago e A Coruña respectivamente, contribuíndo á organización e xestión de ditas delegacións.

Deste xeito, as catro compañeiras realizarán o seu traballo no marco do servizo de xestión e atención integral para persoas con problemas de saúde mental e as súas familias. A través da súa incorporación, e durante os próximos 12 meses, en Saúde Mental FEAFES Galicia esperamos mellorar a nosa capacidade de atención e resposta ás necesidades das persoas e as entidades ás que diriximos os nosos programas e servizos. Benvidas, compañeiras

Úrsula Pontevedra  Sheila Servizos Centrais Santiago

Ana Santiago  Poliana A Coruña