Skip to main content

Grazas á colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e ao Programa de Cooperación, Saúde Mental FEAFES Galicia conta con cinco novas traballadoras en Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

No marco do Programa de Cooperación destinado a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas traballadoras desempregadas que realicen servizos de interese xeral e social, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, contaremos, ao longo deste ano, con cinco novas traballadoras.

A través destas contratacións, pretendemos mellorar a atención ás persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e persoas de referencia, incrementando o cadro de profesionais de Saúde Mental FEAFES Galicia. A súa vez, favorécese tamén o acceso ao traballo de persoas desempregadas, mellorando así as condicións do mercado laboral.

Deste xeito, as educadoras sociais Jessica Loureiro e Andra Bahía e a traballadora social Carolina Lueiro fortalecerán a atención integral a persoas con problemas de saúde mental que se presta dende Vigo, Ourense e A Coruña respectivamente. Pola súa banda, as integradoras sociais Carlota Neira e Noelia Valle, contribuirán á organización e xestión das oficinas que ten a entidade en Santiago e A Coruña.

Grazas a incorporación destas cinco compañeiras, ao logno deste ano agardamos fortalecer e potenciar a nosa capacidade de atención e resposta ás necesidades das persoas ás que diriximos os nosos programas e servizos.