Skip to main content

Ademais das
dificultades derivadas da propia enfermidade, as persoas con problemas de saúde
mental atopan diversos obstáculos para acceder ao mercado laboral. Moitos relacionados
co estigma que aínda persiste en parte da sociedade. Pero atopar e manter un
traballo é un requisito fundamental para que estas persoas poidan conservar a
súa autonomía e sentirse integrados na comunidade.

Os estudos
indican que só un 17% das persoas con problemas de saúde mental accede a un emprego.
Pero a nosa experiencia mostra que, cando existen apoios especializados, a
porcentaxe de inserción aumenta.

Grazas á
Consellería de Emprego e Igualdade, en Saúde Mental FEAFES Galicia contamos con
orientadores e orientadoras laborais en todo o territorio galego que traballan
coas persoas usuarias dos nosos programas. Este servizo existe para responder
as demandas de mellora de empregabilidade e aumento das competencias
profesionais das persoas atendidas, que desexan poder ter as mesmas
oportunidades que o resto da sociedade.

En consecuencia,
o pasado mércores 11 de maio, os técnicos e técnicas de orientación laboral e a
coordinadora reuníronse para revisar o procedemento de traballo cás persoas
demandantes de emprego. O obxectivo principal da nosa entidade é reducir o
prexuízo social e poder defender os dereitos das persoas con problemas de saúde
mental. Entre eles, o acceso ao mercado laboral. Por iso, os nosos profesionais
actúan nas catro provincias Galegas, traballando día a día para ofrecer a
mellor atención especializada ás persoas que o precisan.

 

Estamos ao
servizo de todas as persoas con problemas de saúde mental para atender as súas
demandas e deseñar en común un itinerario personalizado de acceso ao emprego

 

Podes contactar con nós no

900 10 26 61