A asociación Lenda de Redondela participou a pasada semana nunha saída terapéutica cun grupo de persoas internas no Centro Penal de A Lama no marco do Programa PAIEM de atención integral a persoas con enfermidade mental.
Este programa, financiado pola Fundación Barrié da Maza, realízase desde o ano 2009. A través del, a asociación Lenda traballa con persoas con enfermidade mental que están nunha situación de privación da liberdade a través de diferentes terapias, entre as cales hai saídas terapéuticas ou talleres para favorecer a súa adaptación á vida externa unha vez saian de prisión.
Dúas veces á semana, unha psicóloga da asociación desprázase ao centro penal para realizar as terapias que levan a cabo no marco do programa. As accións céntranse na psicoeducación, a estimulación cognitiva, hábitos de vida saudable ou a sensibilización en materia de saúde mental para mulleres e outros internos que conviven coas persoas que están no programa. A iniciativa tamén se inclúe a formación en saúde mental para os funcionarios da prisión, así como ao asesoramento e o apoio aos familiares.
Ao longo do ano ampliarase a colaboración coa Fundación Barrié e con Institucións Peniteciarias para comezar a desenvolver o “Programa Puente” no CIS Carmen Avendaño. Este plan consiste nunha terceira fase do programa PAIEM, cuxo obxectivo é a reinserción social das persoas con enfermidade mental internas nos centros penais.
Vía Faro de Vigo.