Skip to main content
Novas

Santiago acolle o II Curso de Formación de Voluntariado en Saúde Mental

By 13 de Febreiro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

cartelcursovoluntariado.JPG

O eido da Saúde Mental presenta un campo de traballo moi extenso que abrangue a diversas disciplinas académicas. Estámonos a referir, non só á ciencia médica ou a psicoloxía ,senón tamén os eidos da pedagoxía, o Traballo e a educación Social e incluso do Dereito.

Tal amplitude de aspectos provoca que para a maioría da sociedade, a enfermidade mental sexa un ámbito descoñecido e se estigmaticen as persoas que a sofren. Pese a todo e dacordo coa OMS, 5 das 10 primeiras causas de discapacidade crónica no mundo son trastornos mentais (depresión, esquizofrenia, trastorno bipolar, trastornos de personalidade e trastorno obsesivo compulsivo) e que cada ano se reporten 700 millóns de novos casos no mundo.
 
Dende os anos 90 colleu novo pulo o movemento asociativo referido a este sector o que axudou a montar unha liña de servizos asistenciais paralela ós Hospitais e Centros de Saúde e que serviu de apoio ás familias e ó sistema asistencial, pois comezaron novos servizos dos que antes se carecía.
 
A Universidade de Santiago de Compostela non foi allea a este movemento de construción . Dende o ano 95 e a través da antiga Oficina de Voluntariado, hoxe SEPIU, colaborouse a través da derivación de voluntarios coa conformación deste novo tecido asociativo en Saúde Mental, principalmente có servizo do Hospital Psiquiátrico de Conxo e coa Asociación Itinera, organización derivada deste servizo, que foi orixinalmente creada por voluntarios e que actualmente conta con cinco traballadores.

Así pois, todos estes temas serán tratados no II Curso de Formación de Voluntariado en Saúde Mental, que se celebrará na Aula Magna da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela os días 22, 23 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2013. Nestas xornadas  participarán Feafes Galicia, Andaina e Fonte da Virxe.

PROGRAMA DO CURSO VOLUNTARIADO EN SAÚDE MENTAL

Día 22 de febreiro: O voluntariado en Saúde Mental. Novas estratexias na
abordaxe da rehabilitación.

16.00  Apertura do curso. Introdución aos obxectivos do Curso
16.15 As experiencias asociativas do voluntariado en saúde mental. Asociación
         Itínera e a Escola de Tempo Libre Xaruma.
17.45  Descanso.
18.00  Dinámicas de grupo sobre as actividades e organización das ONLs en
         Saúde Mental.
20.00  Final da Xornada.

Día 23 de febrero: Psicopatoloxías e o estigma asociado.

10.00 Apertura da Xornada. Presentación de entidades.
10.15  O traballo nos centros de Rehabilitación. Asociación Fonte da Virxe de
         Familiares e Amigos de Enfermos Mentais.
11.15  O Trastorno de Personalidade. TP Galicia.
12.15  Descanso.
12.30  O Trastorno Bipolar. Asbiga
13.30  Proxección da curtametraxe “Crise en DSM-4”, realizado por Tropa Korriban e
         Asociación Itínera.

16.00 Apertura da Xornada.
16.15  Proxección do Documental “Fóra” (2012), de Pablo Cayuela e Xan Gómez.
17.45  Descanso.
18.00  Mesa Redonda:”Conxo, presente e futuro” participan: Dr.  Ramón Area, Dr.
         Ramón Ramos e os directores do filme Pablo Cayuela e Xan Gómez. Modera
         a mesa Carlos Martínez.

Día 1 de marzo: A rehabilitación Psicosocial.

16.00 Apertura da Xornada.
16:15 Cinefórum: Mumford (1999), de Lawrence Kasdan.
18.15  Descanso
18.30  Mesa redonda: A rehabilitación Psicosocial. Moderador Carlos Álvarez.

Día 2 de marzo: A rede dos Servizos Asistenciais e os perigos da
Institucionalización.

10.00 Apertura da Xornada. Presentación de entidades.
10.15 Asociación Andaina. “A problemática da Saúde Mental no mundo do rural
         galego”.
Descanso.

12.00  FEAFES Galicia: ”O reto do emprego para as persoas con EM”. Carina
          Fernández Rivera, coordinadora do servizo de inserción laboral de FEAFES.
13.30  Conclusión da Xornada. Entrega de trípticos e documentación das entidades.

16.00 Apertura e presentación dos relatores.
16.15  Relatorio: ”Os efectos da Institucionalización sobre as persoas con TMS”.    
          Dr. Luís Ferrer Balsebre: Xefe do Servizo de Psiquiatría do CHUS.
17.30  Descanso.
18.00  Mesa redonda: “Entidades Asociativas: Entre a reintegración e a
          parainstitucionalización”. Participantes das distintas entidades colaboradoras
         do curso.
19.45  Entrega de documentación e peche.

Matrícula 40 €

Solicitado o recoñecemento académico pola USC para graos, licenciaturas e diplomaturas.
 
Aberto o prazo de matrícula ata o 20 de febreiro de 2013. Prazas limitadas.

Debe realizarse o 90 % do total das horas para que a participación sexa recoñecida academicamente. É obrigatoria a entrega dun informe final para a avaliación do aproveitamento (non menos de 400 palabras).