Grazas a axuda concedida pola Consellería de Política Social e Xuventude adquirimos un Renault Clio evolution TCe, que nos permite achegar recursos e atención ós usuarios e usuarias no rural de Ourense
Saúde Mental FEAFES Galicia resultou beneficiaria da axuda da Consellería de Política Social e Xuventude financiada con cargo aos Fondos da UE e o Plan de recuperación e resiliencia, para a adquisición de equipamentos.
Grazas a esta axuda, financiada polos fondos NextGeneration da Unión Europea, puidemos adquirir un Renault Clio evolution TCe, por valor de 19.965,50€, para desenvolver a nosa labor nas zonas rurais da provincia de Ourense.
Esta adquisición permítenos achegarnos a aquelas persoas con problemas de saúde mental que viven nas zonas máis illadas da provincia e que, polo tanto, teñen maior dificultade para contactar cos servizos de apoio e atención ou realizar actividades que fomenten a súa integración plena na comunidade
Esta axuda, permítenos seguir traballando na nosa misión: a de mellorar as condicións e calidade de vida das persoas que teñen algún tipo de problema de saúde mental, atendendo as súas necesidades e as das súas familias e persoas achegadas, e acercando atención e recursos a aqueles usuarios e usuarias que o precisan.