Este ano, igual que os anteriores, Saúde Mental FEAFES Galicia recibirá apoio económico para diferentes programas que foron presentados á convocatoria do IRPF do ano 2021. En total, á entidade foille concedido un importe de 490.342,87€, grazas ao cal se financiarán 16 proxectos, dos cales 5 de serán para crear ou mellorar infraestruturas das asociacións federadas. Grazas a estes programas beneficiaranse máis de 800 persoas con problemas de saúde mental e persoas achegadas.
Este importe procede da recadación obtida grazas á xente que marcou o recadro de “Fins Sociais” na súa declaración da renda do 2021, o cal permite destinar un 0,7% dos seus impostos para realizar programas que beneficien ás persoas en situación de exclusión ou pobreza a través de organizacións de acción social, sen que isto lle supoña ao contribuínte pagar máis ou recibir menos diñeiro en caso de devolución.
Estes proxectos permitirán seguir atendendo a persoas con problemas de saúde mental en preto de 30 localidades das catro provincias galegas, especialmente a aquelas que teñen ou están nunha situación de maior vulnerabilidade ou risco de exclusión social. Os programas de interese xeral para fins de carácter social financiados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que se desenvolverán entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 son os seguintes:
Actuacións de inclusión social:
- Achega Saúde Mental
- Incorpora Social
- PSH Saúde Mental
Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade:
- Inclúe Emprego
- Atendo Saúde Mental
- De Par en Par Saúde Mental
- Previr Saúde Mental
- Ocio e Benestar Saúde Mental
- Apoio e soporte integral para familiares
- Oriéntame Saúde Mental
Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade:
- Inviste Saúde Mental (Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal)
- Inviste Saúde Mental (APEM)
- Inviste Saúde Mental (A Mariña)
- Inviste Saúde Mental (Alba)
- Inviste Saúde Mental (A Creba)
Actuacións destinadas ao voluntariado:
- Volunta Saúde Mental