Skip to main content

A entidade presentou a nova sede da súa delegación de Coruña, coa que da un paso máis no traballo para a mellora da calidade de vida das familias e persoas con problemas de saúde mental na cidade herculina.

Onte, 13 de xuño, Saúde Mental FEAFES Galicia celebrou a inauguración da súa nova sede na Coruña, sita na Rúa Revolución Francesa nº13 baixo, no barrio de Vioño. O envento consistíu nunha visita polas instalacións, un acto institucional e un aperitivo posterior.

A xornada contou coa presenza de D. Valentí González Formoso, presidente da Deputación Provincial de CoruñaDna. Yoya Neira Fernández, concelleira de Bienestar SocialD. Juan Ignacio Borrego Vázquez, Concelleiro de Educación, Empleo e relacións institucionais; e Dna. Marta Gil Pérez, Xefa do Servizo de Xestión da Consellería de Sanidade en Coruña. Intervíu tamén D. Xosé Ramón Girón, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia, e asistiron representantes doutros recursos e organizacións colaboradoras, así como membros da entidade e do seu tecido asociativo.

Un firme compromiso pola saúde mental

Durante a súa intervención, o presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia destacou a enorme evolución que vivíu a entidade dende o seu nacemento hai cai trinta anos. Nese tempo antendeu a numerosas persoas con problemas de saúde mental e contribuíu a “restaurar o seu sentido da dignidade, respecto, autoestima e cidadanía máis aló da súa estabilización”. Así mesmo, recordou que a saúde mental debe ser considerada hoxe en día coma “un dos problemas de saúde pública máis relevantes dos nosos tempos” e que para abordala é preciso “ampliar horizontes e adquirir un firme compromiso por parte de todos os axentes implicados na busca dunha solución”.

 

 

Valentí González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña, recoñeceu o traballo de Saúde Mental FEAFES Galicia e indicou que “as administracións teñen a incumbencia de recoñecer a problemática da saúde mental”, a falta de recursos que existen para a súa atención, o estigma que pesa sobre o colectivo e a necesidade de contribuír a eliminar esa lacra”.

Pola súa parte, Yoya Neira Fernández, aproveitou para anunciar o lanzamento do plan municipal de saúde mental, elaborado coa colaboración de Saúde Mental FEAFES Galicia no diagnóstico das necesidades da poboación coruñesa que se atopa nesta situación.

Marta Gil Pérez, indicou durante a súa intervención que as institucións teñen que contar coas asociacións á hora de abordar as distintas problemáticas sociosanitarias, “posto que son as persoas que teñen a experiencia, a profesionalidade e, sobre todo, o enfoque das familias e as persoas beneficiarias”.

29 anos traballando pola saúde mental

Saúde Mental FEAFES Galicia leva desde 1995 traballando na mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, logrando por en marcha múltiples dispositivos, proxectos e recursos que dan resposta ás necesidades que tiña o colectivo e que non estaban cubertas. Na cidade de Coruña contan cunha delegación desde o ano 2008 na que se atende cada ano a preto de 400 persoas. Ademais, a asociación APEM, unha das nosas asociacións membro, ten diversos centros na cidade.

A nova sede, recentemente estreada na Coruña ofrecerá servizos gratuitos como información, asesoramento e apoio; asesoría xurídica; formación prelaboral; orientación laboral e apoio na búsqueda e mantemento dun emprego; atención sociosanitaria; sensibilización en centros educativos; actividades de ocio e deportes, etc. Para que unha persoa poda ser atendida en Saúde Mental FEAFES Galicia, é necesario ter un diagnóstico en saúde mental ou ser familiar dunha persoa que o teña, e se é necesario pedir cita previa no 981 228 135 ou no noso teléfono gratuito 900 102 661.