Skip to main content

A nosa delegación en Ourense recibe o Premio de La Merced pola súa labor no Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar

Cada 22 de setembro, celébrase o día mundial da Merced, patrona das institucións penais, e realízase un acto de entrega de premios ás persoas e entidades que traballan no ámbito penal.

O pasado venres, o Premio de La Merced recaeu en Saúde Mental FEAFES Galicia que, desde a nosa delegación de Ourense, levamos ano e medio desenvolvendo o programa PAIEM de Fundación Barrié no Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar.

No acto, o presindente de Saúde Mental FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón; e a técnica da delegación de Ourense, Laura Balboa; recolleron o premio de parte do equipo directivo do centro pola súa labor e intervención coas persoas usuarias.

Destacouse a implicación e a atención especial que as profesionais teñen no seu traballo coas persoas participantes. E remarcouse a necesidade destes programas para apoiar á reinserción das persoas con problemas de saúde mental que cumpren ou cumpriron condea.

PAIEM. Premio ó traballo pola reinserción

O PAIEM é o Programa para a Atención Integral a Persoas con Enfermidade Mental en Centros Penais de Galicia. Permite traballar coas persoas con problemas de saúde mental grave e crónica recluidas en centros penais galegos.

Lévase a cabo a través dun convenio de colaboración entren Saúde Mental FEAFES Galicia e a Fundación Barrié. Ademais, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Institucións do Ministerio de Interior.

O equipo técnico traballa en coordinación coas persoas funcionarias e demais profesionais dos centros penais. O obxectivo é que as persoas participantes coñezan e aprendan a manexar as súa patoloxía, evitando recaídas. Ó mesmo tempo, favorécese a súa participación nos programas e recursos do centro.

 

 

Representación de Saúde Mental FEAFES Galicia e da delegación de Ourense nos Premios de La Merced