Skip to main content
Novas

Segunda reunión do comité de persoas con enfermidad mental de Feafes Galicia

By 22 de Xuño de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

O comité de persoas con enfermidade mental de Feafes Galicia celebrou o pasado 22 de xuño a súa segunda reunión oficial, tras a súa posta en marcha o pasado mes de abril. No encontro participaron representantes de varias asociacións e das diferentes delegacións de Feafes Galicia.

Na reunión, os integrantes do comité estiveron traballando na redacción dos estatutos de funcionamento deste organismo e, ademáis, acordaron a postura que van defender sobre diversos temas na reunión do comité estatal. Entre outros asuntos, amosaron o seu posicionamento sobre o tratamento ambulatorio involuntario (TAI) e sobre a Convención Internacional da ONU sobre os dereitos das personas con discapacidade.

Aproveitando que os membros do comité acudían a Santiago para a súa reunión, Feafes Galicia organizou unha xornada formativa que levou por título “A Comunicación e o Traballo en Equipo”, e que foi impartida pola educadora e a psicóloga da federación. A través deste curso traballáronse técnicas de mellora das habilidades de comunicación, técnicas de resolución de conflictos e toma de decisións e pautas para a mellora do traballo en equipo.

O comité ten como obxectivo dar voz propia ás persoas con enfermidade mental e crear un marco de diálogo e debate para os integrantes deste colectivo. Este grupo está enfocado á consecución de acordos concretos e pretendemos que sexa órgano asesor da Xunta Directiva.

Dende Feafes Galicia agardamos  que este Comité sirva de impulso para o cumprimento da Estratexia en Saúde Mental e se converta nun foro de ideas dende o que se deseñen vías de solución. Tamén esperamos que o Comité axude a Feafes Galicia a cumprir a súa misión e que neste foro de expertos se intercambien experiencias entre as distintas asociacións.