El programa Senda pola Saúde Mental, que cuenta con la financiación de Fundación “la Caixa”, terminó su primer año prestando apoyo y acompañamiento a 25 personas con problemas de salud mental y 35 familias en los ayuntamientos de Baixa Limia y Terras de Celenova.
O pasado mércores día 25 de outubro, tivo lugar un acto organizado por Fundación ”la Caixa” para a presentación de resultados da convocatoria de proxectos sociais de Galicia 2023. O noso compañeiro, Félix Alonso, responsable do programa Senda pola Saúde Mental que se desenvolveu durante este ano nas zonas rurais de Ourense, presentou os resultados deste proxecto.
Neste primeiro ano de implantación de programa, traballouse nos concellos da Baixa Limia (Lobios, Entrimo, Muíños, Bande e Lobeira) e na Mancomunidade de Celanova (Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramiráns e Verea). Este traballo implica un achegamento do persoal de Saúde Mental FEAFES Galicia ás zonas nas que residen estas persoas, podendo atendelas así na súa contorna.
Seguimos creando camiños para o benestar
Grazas ó apoio de Fundación ”la Caixa”, podemos renovar por segundo ano este proxecto pioneiro e de continuidade en zonas rurais de Ourense, supoñendo un incremento de espazos de intervención con respecto ó ano pasado. Este incremento de espazos era necesario, xa que cada vez son máis as persoas que demandan este servizo.
Senda pola saúde mental ten como obxectivo achegar recursos as persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social. O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida e fomentar a igualdade de oportunidades das persoas que participan no programa e da súa contorna. Para iso, prestamos apoio na zona de residencia das usuarias e usuarios, tanto no propio domicilio como en espazos cedidos polos concellos que colaboran con este programa.
Atención integral e personalizada
En Senda pola saúde mental, tratamos de mellorar a vinculación inclusiva, positiva e activa na comunidade facilitando o acceso a recursos e actividades sociocomunitarias a través de actuacións de acompañamento e seguimento.
O noso modelo baséase nunha atención integral en función das necesidades individuais de cada persoa usuaria, traballando con flexibilidade e adaptándonos ás demandas e cambios que poidan sucederse na vida de cada participante.
Esta experiencia permite que o equipo de profesionais se achegue ás persoas que teñen algún problema de saúde mental e a súa contorna desde un coñecemento mutuo máis profundo.
Actualmente atendemos a 25 persoas con problemas de saúde mental e traballamos en rede con todos os axentes involucrados na vida das usuarias e usuarios. Así, buscamos lograr unha implicación activa das persoas participantes no seu proceso de mellora e que constrúan unha rede de apoio na súa propia contorna.