A realidade xeográfica galega provoca que existan territorios rurais afastados que dificultan o acceso e conexión a servizos. Esta situación significaba un gran problema para as persoas con trastornos de saúde mental que viven nestas zonas. Tanto por estar alonxados dos servicios de apoio e axuda como pola soidade que sofren na maioría dos casos.
Por iso, desde xullo de 2022, desenvolvemos o programa Senda pola saúde mental en colaboración coa Fundación “La Caixa”. O obxectivo desta iniciativa é prestar apoio e acompañamento a persoas con problemas de saúde mental que residen nas zonas rurais.
A idea deste proxecto é traballar en rede cos recursos e profesionais implicados no proceso individual de cada persoa que participa no programa. Por iso, inicialmente, nos reunimos co xefe do Servicio de Psiquiatría e Saúde Mental de Ourense, Luis Docasar Bertolo; coa responsable do Hospital Psiquiátrico de Piñor, Chus Gómez: co responsable do equipo de continuidade de coidados, Isabel García; así como co equipo de traballo social dos dispositivos de Saúde Mental.
Actualmente traballamos con 15 persoas nos Concellos de Baixa Limia: Lobios, Entrimo, Muiños, Bande e Lobeira; e na Mancomunidade de Celanova: Cartelle, A Merca, Vera, Celanova, A Bola, Ramirás, Gomesende, Pontevedra, Quintela de Leirado e Padrenda.
Grazas ás reunións mantidas co equipo de goberno dos diferentes concellos, conseguíuse a concesión dun despacho en cada un dos lugares que forman parte desde proxecto onde Saúde Mental FEAFES Galicia atende presencialmente a persoas usuarias.
Co programa Senda pola saúde menta podemos avanzar no noso obxectivo de achegar os recursos e servizos ás persoas que viven nestes núcleos de poboación afastados, e ofrecerlles atención individualizada, defender o uso efectivo dos dereiros tanto das persoas participantes como dos seus familiares e persoas achegadas. Así como facilitar a implicación da usuaria ou usuario co entorno, mellorando a súa vinculación inclusiva, positiva e activa coa comunidade.
Todo isto é posible grazas á coalboración da Fundación “La Caixa”, e a coordinación e o traballo en rede con recursos e profesionais implicados no proceso e benestar destas persoas.