Skip to main content
A asociación de saúde mental A Mariña, integrada en FEAFES Galicia, está a participar nunha  xornada relaxante no Spa Attica 21 de Vilalba, actividade na que nesta ocasión participan 13 persoas con problemas de saúde mental dos diversos centros de A Mariña, acompañados de tres técnicos. 
Ás 11 da mañá do 4 de outubro, chegaron ás instalacións do spa cun planing de actividades moi terapéutico. Concretamente, disfrutaron da piscina dinámica do Spa e da zona de jacuzzis, ademais do circuíto termal de contrastes con saunas, duchas bitérmicas, zona de escarcha, pediluvio, etc.
Despois, todo o grupo disfrutou dunha comida de confraternización nun entorno inmellorable como é Vilalba, visitando pola tarde a charca de Santaballa e o casco histórico.
 
Esta actividade, xunto con outras celebradas durante todo o mes de outubro, englóbanse dentro das iniciativas programadas a propósito do Día Mundial da Saúde Mental e repercute moi positivamente na mellora terapéutica de todos os participantes, aumentando a súa calidade de vida. Así repuxeron forzas para poñer en marcha a campaña “O que teño na mente”, que comeza o xoves 5 de outubro no Centro de Saúde de Burela.