Skip to main content
O 30 de xuño, a aula de formación de FEAFES Coruña acolleu unha sesión formativa sobre emprendemento da man da axente de emprego de FEAFES Galicia. Os beneficiarios desta charla foron 15 mozos con dificultade de acceso ó emprego que se están a empoderar para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.
Nesta sesión formativa, de 5 horas de duración, ofreceuse información precisa sobre orientación e axuda ó emprendemento, indicando que trámites son necesarios para darse de alta como autónomo ou para crear unha empresa.
Entre os contidos impartidos, falouse do réxime especial de traballadores autónomos explicando quén está incluído, quén debe cotizar e cál é a tarifa plana para autónomos mozos e maiores de 30 anos. Indicáronse tamén as peculiaridades que ten o réxime de autónomos para persoas con discapacidade e a súa compatibilidade con prestacións ou pensións. 
En canto ó emprendemento como empresa, a Axente de Emprego de FEAFES Galicia explicou qué tipos de empresa existen e cando se pode crear cada unha delas. Para rematar a xornada, realizouse unha dinámica final na que se traballaron distintos aspectos importantes de cara ó emprendemento como a creatividade, a xestión de recursos, a toma de decisións, a capacidade de negociación, de comunicación e de liderazgo.
A contratación da Axente de Emprego que impartiu a sesión formativa é posible grazas ó financiamento da Consellería de Traballo e Benestar a través da Orde do 9 de maio de 2014, que asume a responsabilidade de adoptar medidas de apoio a colectivos con dificultade de inserción, especialmente a persoas con discapacidade.