FEAFES Galicia, ó igual que o resto de entidades FEAFES, estamos decididos a actuar contra a reforma do Código Penal impulsada polo Goberno en aquilo que afecta directamente ós dereitos das persoas con enfermidade mental.
Trátase dunha reforma sostida nos prexuízos, o estigma e o descoñecemento, que ataca frontalmente ós dereitos do colectivo ó que representa FEAFES, que perpetúa a idea errónea de que as persoas con trastorno mental son potencialmente perigosas e que xera ademais unha enorme inseguridade xurídica.
Para elo, a Confederación FEAFES editou un folleto no que resume os 10 principais motivos da nosa oposición á reforma. A difusión deste documento é fundamental para reivindicar os dereitos das persoas con enfermidade mental fronte á reforma dunha lei que, entre outras cosas, relaciona a enfermidade mental co concepto subxectivo de “perigosidade”, unha conclusión que non foi avalada por ningún estudo científico, ou que privará de liberdade a un cidadán pola mera suposición dun delito que poida cometer no futuro debido ó seu diagnóstico, algo que é contrario ás normas de dereitos humanos.
Dende FEAFES Galicia pedimos a calquera persoa decidida a defender os dereitos das persoas con trastorno mental e as súas familias que nos apoie coa súa firma nesta petición en Change.org, e que a difunda por todos os medios ó seu alcance.
E non dubides en informarte sobre os motivos polos cales nos opoñemos rotundamente a esta proposta de lei: