As mulleres con
problemas de saúde mental son un colectivo frecuentemente invisibilizado. Experimentan
unha tripla discriminación: rexeitamento pola discapacidade, estigma asociado
aos problemas de saúde mental e a discriminación derivada por ser muller.
O Programa de
Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de
Vulnerabilidade, busca
fomentar a igualdade de oportunidades para reducir a discriminación que sofren
estas mulleres.
Neste sentido,
realizamos durante os meses de xuño e xullo tres obradoiros cuxo obxectivo é
mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vulnerables con
problemas de saúde mental que participan deles.
No obradoiro EscaPP:
Aplicación Móbil de Apoio ás Vítimas de Violencia de Xénero; tivo como
obxectivo facilitar información sobre a estrutura e funcionamento das apps que
prestan axuda a mulleres que están vivindo unha situación de violencia de
xénero, así coma a seus fillos e fillas ou a persoas que poidan coñecer
situacións deste tipo. As seis participantes deste obradoiro realizaron tamén
unha visita a diferentes recursos da área de Vigo que traballan na defensa dos
dereitos das mulleres.
O obradoiro de Sexualidade
e Afectividade busca, a través de dinámicas participativas, crear un espazo
de comunicación segura no que as 4 usuarias puideran compartir experiencias e
inquedanzas e adquirir ferramentas para unha vida sexual e afectivas en termos
de igualdade, respecto e tolerancia. Tamén visitaron o recurso QUÉROTE+, onde
puideron coñecer a labor que se fai desde este recurso.
Por último, no
obradoiro de Prevención de Malos tratos, que se realizará o 15 e22 de
xullo, búscase que as mulleres participantes reciban información sobre a
igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e as relacións afectivas
baseadas no bo trato; así como identificar situacións de vulnerabilidade e
violencia para poder previlas. Unha das sesións deste taller será impartida por
unha psicóloga da Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra Os Malos Tratos
de Vigo.