Skip to main content
O 27 de maio, os membros do Club de Ocio de FEAFES Coruña foron convidados polo Instituto Español de Oceanografía a coñecer a labor de investigación que realiza. Para iso, organizaron unha visita guiada personalizada na que os usuarios de FEAFES puideron coñecer e sensibilizarse sobre a importancia de coidar o noso mar. 
Tras unha estupenda acollida por parte de todo o equipo do Oceanográfico, os visitantes pasaron polos distintos postos do museo, onde lles explicaron, de xeito práctico e dinámico, a labor que realiza o Instituto Español de Oceanografía.
Para iso participaron en distintos talleres sobre a anatomía dos peixes, a física do mar (con explicacións sobre as correntes mariñas e a súa influencia nas costas galegas), sensibilización e reciclaxe do lixo do mar, exhibicións de instrumentación oceanográfica e organismos mariños, etc.
En definitiva, foi unha experiencia ben interesante na que, ademais de aprender cousas novas sobre o mar, os usuarios de FEAFES Galicia tamén puideron dar visibilidade ao colectivo en eventos e actividades da comunidade.