Skip to main content

A Consellería deEmprego e Igualdade mediante o convenio co CERMI para o desenvolvemento de programas integrados, otorgou a Saúde Mental FEAFES Galicia a cantidade de 1.100.400€ procedentes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Formación PIE Cermi 2023

Desde xaneiro ata outubro de 2023, o Programa Integrado de emprego CERMI logrou que o 61% das persoas participantes no programa conseguiran insertarse no mercado laboral.

Sabemos que tanto para as persoas con problemas de saúde mental como para o resto da sociedade, o traballo é un camiño á normalización, unha fonte de identidade, de utilidade e de motivación. Pero, para as persoas que teñen algún tipo de problema de saúde mental, o emprego ten ademáis unha función terapéutica; xa que despraza o rol de “persoa enferma” polo de  “persoa traballadora”.

Formación PIE Cermi 2023Pero a baixa inserción laboral deste colectivo segue a ser unha das principais barreiras para a súa integración social. E débese, en gran medida, ós prexuízos que boa parte das administracións públicas aínda teñen.

Por iso, Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolveu o Programa Integrado de Emprego CERMI 2023, no marco do convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o CERMI, que ten por obxectivo promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade. O programa está destinado ás persoas inscritas no Servizo Público de Emprego que teñan recoñecida unha discapacidade por cuestión de saúde mental.

Fomentando a inserción en toda Galicia

O convenio desenvolveuse neste 2023 en sete delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra.

No Programa Integrado de Emprego CERMI 2023, participaron 131 persoas ás que se lles ofreceu un itinerario personalizado de inserción. Este itinerario inclúe: accións de asesoramento, accións formativas incluidas no catálogo do Servizo Público de Emprego estatal, técnicas de coaching, competencias dixitais, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial e prácticas laborais.

Formación PIE Cermi 2023Durante este ano, 24 persoas realizaron prácticas non laborais e leváronse a cabo 6 cursos do catálogo SEPE onde un total de 40 participantes obtiveron unha ou varias certificacións.

Finalmente, este modo de traballo permitiu  a inserción de 80 persoas, o que supón que o 61% das persoas participantes conseguiron insertarse no mercado laboral.