Skip to main content
O xurado do XIII Concurso de Tarxetas de Nadal, formado pola directora de Administración da Confederación Saúde Mental España, María Prieto; o responsable de Captación de Fondos da Confederación Saúde Mental España, Javier Ramos; a directora Rexional de Relacións Institucionais de Janssen, Macarena Rodríguez e a coordinadora de Relacións Institucionais de Janssen, Almudena Civera, deu a coñecer os gañadores do devandito certame.
O primeiro premio foi outorgado a Manuel Risquez Ruiz, da asociación cordobesa AFEMVAP, polo seu debuxo “A Maxia”. A calidade do debuxo, a técnica, así como a sintonía creada entre o título e a composición dos elementos da obra, foron as razóns para convertela no primeiro premio. O xurado considerou así mesmo que a frase que acompaña ao debuxo (non esperes que a Maxia salga da chistera, a Maxia está en ti), “anima e motiva á recuperación e a crer nas capacidades dun mesmo para superar as barreiras”. 
En relación aos segundos premios extraordinarios, o xurado premiou a Emilio Lloves Pequeño, da asociación Lar de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e a María José León Muñoz de FEAFES-Zafra (Badaxoz). 
No caso do galego Emilio Lloves, a súa candidatura titulada “Ti es a miña estrela”, mereceu o premio “pola combinación de varias técnicas para alcanzar unha textura e un colorido propios do nadal, así como o carácter positivo, de integración e de apoio empregado no título da obra”.
E no que respecta a María José León Muñoz, pola súa obra “Un Papá Noel en casa” pola “expresividade conseguida no debuxo así como a calidade alcanzada no pequenos detalles que compoñen a obra”.
O xurado quixo tamén subliñar a gran calidade das 215 candidaturas recibidas no concurso, “así como o gran esforzo e o traballo realizado nos talleres de pintura que levan a cabo na rede de asociacións de Saúde Mental España”.