Entre un total de 299 candidaturas participantes na duodécima edición do Concurso de Felicitacións de Nadal organizado pola Confederación FEAFES a nivel nacional, o gañador resultou Daniel Domínguez, membro da asociación galega Lar, situada na localidade de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Pola súa banda, Rubén Frías García e Manuel Risquez Ruiz obtiveron o segundo premio extraordinario.
O xurado estivo composto por Almudena Civera, coordinadora de Relacións Institucionais de Janssen; Macarena Rodríguez, directora rexional de Relacións Institucionais de Janssen; María Prieto, directora técnica da área de Administración da Confederación FEAFES e Laura Bolaños, directora técnica da área de Comunicación, Imaxe e Influencia Social da Confederación FEAFES.
Primeiro premio
A obra premiada ten como título e frase de felicitación acompañante “A felicidade non é un destino ó que chegar senón un xeito de viaxar. Bo Nadal”. O xurado quixo destacar deste primeiro premio “a beleza e calidade do debuxo”, así como “a positividade e creatividade da frase de felicitación acompañante”. A xuízo do xurado, o debuxo transmite unha “enorme sensación de benestar e ánimo” para o ano que está por comezar. Con este galardón que viaxa ata Vilagarcía de Arousa, xa é o segundo ano consecutivo que a felicitación navideña da Confederación FEAFES ten a súa orixe nunha entidade galega.
Segundos premios extraordinarios
Pola súa banda, os segundos premios extraordinarios recaeron en Rubén Frías García, socio da entidade bilbaína de AVIFES pola súa obra “Paisaxe navideña”, e en Manuel Risquez Ruiz, membro da asociación AFEMVAP situada en Pozoblanco (Córdoba) polo debuxo “Nadal na Terra”.
Do segundo premio extraordinario “Paisaxe navideña” destaca o valor engadido das súas cores en ton pastel, a ledicia do debuxo e o coidado de todos os detalles da ilustración. Mentres tanto, o segundo premio extraordinario “Nadal na Terra” chamou a atención do xurado pola plasmación de conceptos como a globalidade e a diversidade, ideas clave tamén para a integración social, nun único debuxo do que tamén destacan as súas cores e calidade.
Creatividade e enfoque positivo
Das 299 candidaturas recibidas, o xurado quixo destacar a creatividade e o enfoque positivo da saúde mental en todas elas. O Concurso de Felicitacións de Nadal é unha iniciativa organizada por FEAFES que ten como obxectivo o desenvolvemento das capacidades, destrezas e habilidades creativas das persoas con trastorno mental e procura ser un elemento de motivación e de loita contra o estigma no que pode participar a base social do movemento asociativo FEAFES.