Skip to main content

En Lugo prodúcese unha morte autoinfrinxida cada semana e un intento cada día e medio. Pero segue habendo unha gran dificultade para falar e afrontar esta situación. Sendo conscientes disto, a Asociación Lucense de Saúde Mental (Alume) puxo en marcha o primeiro Programa de Atención ao Dó por Suicidio que existe na provincia.

A iniciativa consiste en crear un grupo de autoaxuda no que as persoas supervivintes ao suicidio dun ser querido, poidan compartir experiencias persoais nun espazo seguro onde se sintan comprendidas.

Actualmente, forman parte do proxecto catro familiares de tres persoas que se quitaron a vida. As reunións, dirixidas por dúas psicólogas de Alume, permítenlle ás persoas participantes falar con outra xente na súa mesma situación das súas inquedanzas, preocupacións e angustias sen sentise xulgadas.

Esta iniciativa ven a dar resposta á toma de conciencia que a sociedade está a ter sobre a incidencia do suicidio e sobre a necesidade de contar ocn ferramentas e estratexias para previlo e evitalo, así como da urxente atención e apoio que precisan as persoas supervivintes ao suicidio dun familiar ou persoa achegada.

Podes atopar máis información sobre o Programa de Atención ao Dó por Suicidio aquí.